San Simón prepárase para celebrar a sexta edición de #Nethinking. Volvemos á illa virtual o 27 e 28 de maio. Dous días de retiro nos que influencers, xornalistas, consultores ou investigadores con superpoderes para interpretar o presente e adiviñar o futuro da era dixital reúnense, debaten e as veces incluso discuten sobre un mundo no que todos vivimos instalados pero que era case un descoñecido uns poucos anos atrás. Unhas sesións brillantes, con ideas e reflexións que xurden a velocidade de vertixe, e que as redes sociais replican para compartir con todos nós eses momentos tan singulares en que algunhas das voces máis sólidas no virtual baixan ao máis terrenal dos escenarios para practicar o máis analóxico que existe: sentarse e falar.

Consulta na nosa web o programa, que depara moitas sorpresas respectando o noso singular formato, e o grupo de traballo 2016, integrado por veterans da comunidade Nethinking e tamén por novas incorporación que suman valor e calidade e auguran unha nova cita ao máis alto nivel,

Como sempre, poderedes seguir en directo por streaming todas as sesións, accedendo a través desta mesma páxina, e por twitter, a través da nosa conta @nethinkingES, ou co noso hashtag #Nethinking6.