Documento de conclusión finais das sesións celebradas no transcurso do encontro #NeThinking2013, celebrado en San Simón, a Illa do Pensamento.

  • NOVOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA ERA DIXITAL

2.    A vantaxe dos novos medios que naceron ao abeiro do soporte dixital e non proceden dunha transformación desde o medio tradicional é que chegan sen medo, sen reservas e cos xeitos de facer e comunicar xa insertados no modelo dixital.

3.    Pese a que non se cuestiona a necesidade da profesión xornalística, o xornalismo non morrerá, o xornalista tradicional está en perigo de extinción. Debe ser consciente do seu papel multimedia e multisoporte, da fragmentación de contidos, da diversificación de fontes e da irrupción de twitter no mundo do xornalismo como unha realidade afianzada, como fonte informativa, como sorporte de información e como xerador de marca persoal. É como unha gran portada da portada de todos os medios.

Aínda queda moito por facer, moito medo e moitas suspicacias. Hai tres velocidades que afectan tanto ao emisor como ao receptor: os que están totalmente sumexidos no mundo dixital, os que aínda están metendo o pé con cautela e os que se pechan a esta evolución natural.

5.    Estamos ante un proceso imparable e inevitable, e todo aquel que non se adapte quedará fóra.

  •  EDUCACIÓN DIGITAL

1.    Non existen os nativos dixitais. A rede, como cualquera ferramenta, require unha aprendizaxe. Os nenos non aprenden sos e tanto pais y nais como educadores debemos guialos e tomar  conciencia de que é preciso trasladar a formación básica nas relacións sociais ás novas tecnoloxías. E ao igual que na vida “real”, aprender os códigos da vida “virtual” que garantan a nosa seguridade e intimidade.

2.     Nin pais nin educadores deben demonizar Internet ante os nenos e adolescentes, nin sobreprotexelos demasiado. Debe exercerse un certo control, establecendo límites pero sobre a base da liberdade, deixándoos que experiementen pola súa conta.

3.      O aproveitamento das TIC como recursos educativos está aínda moi pouco desenvolvido. Existen excepcións de profesores e centros que traballan moito e moi ben neste senso, pero lamentablemente son unha minoría. Para os que toman decisións en materia educativa en moitos casos a súa aportación consiste únicamente en poñer uns ordenadores na aula e nada máis. Hai que instruir ao profesorado na utilización das TIC como recurso, xerar contidos adaptados, crear novos modelos para aprender aos nenos utilizando a tecnoloxía como recurso, non como fin. Os escolares naceron nun contorno tecnolóxico no cal non se inician a través do hardware, como ocorre coa xeración anterior, senón co software, polo que na escola deberase ensinarlles informática e non ofimática.

  • ESCRIBIR EN INTERNET

1.    A escritura en si mesma non ten unha linguaxe diferente por ser en internet, pero as características do medio si modificaron necesariamente os xeitos de escribir, atendendo á diversidade de ferramentas.

2.    A democratización das publicacións derivou nun sistema de comunicación que evolucionou desde o monólogo ate o diálogo, e cun canle de retorno moi rápido. Polo tanto á hora de escribir nun blog, en Twitter ou en calquera outro canle debemos ser conscientes de que hai alguén ao outro lado que vai verificar de xeito instantáneo aquelo que estamos escribindo, polo que un artigo nun medio social só está rematado unha vez que a túa comunidade virtual intervén e participa.

3.    Nas redes sociais existe certa condescendencia na ortografía, un todo vale que non permiten outros soportes. Debe cuidarse a linguaxe na rede do mesmo xeito que o facemos noutros soportes. Outra cuestión son as subculturas que se crean en torno ás redes sociais, fundamentalmente, en torno á linguaxe. O famoso “Ola ke ase” vai máis alá de escribir correctamente ou de optimizar a lingua.

4.     As linguaxes endogámicas que se crearon en torno ás redes son a clave que diferencia aos que xa están dos recén chegados. Coñecendo e utilizando os códigos internos da linguaxe demostras que xa superaches os ritos de iniciación.

5.    A gran revolución da linguaxe en internet vén motivada polo ligazón. Os links e os hipervínculos son os que lle dan unha nova dimensión á linguaxe en Internet. Hoxe as frases xa son suxeito, verbo, predicado e ancla.

6.   O tratamento da linguaxe en internet varía moitísimo en función do formato e do emisor. Non é o mesmo escribir dende unha conta persoal que como CM desde a conta corporativa dun medio de comunicación ou unha organización empresarial ou política. Twitter é unha ferramenta multiusos que abarca desde a conta do gabinete do presidente do Goberno ata Belén Esteban. E hai moita xente que entra na rede sen coñecer os códigos e os perigos que pode ter para a súa propia imaxe ou intimidade. Isto agrávase no caso das personaxes públicas con gran forza mediática, porque o efecto amplificador do que poidan dicir en Twitter é enorme. É fundamental ser conscientes de que non deberíamos dicir na rede todo o que non diríamos nun plató ou na (sobra un espacio) radio. O ideal é que cada medio, entidade ou personaxe atope a súa linguaxe propia e a súa personalidade diferenciada en internet.

  •  INDUSTRIA CULTURAL NA REDE

1.    A Industria Cultural está facendo moi pouca autocrítica ao valorar os cambios tecnolóxicos e os cambios nos hábitos de consumo do usuario. O consumo de produtos culturais mudou radicalmente na última década, pero gran parte da industria non soupo adaptarse a estes cambios. A dixitalización de produtos reduciu as barreiras de acceso ao produto cultural dun xeito tan exponencial que fai irrelevante o papel que xogaba a industria para a selección previa á distribución de contidos. O custo de pasar ao canle de distribución agora é banal e permite que a selección se faga a posteriori e non a priori.

2.    Unha das claves para conseguir que os produtos dixitais comecen a obter un respecto por parte da xente que pensa en analóxico é a creación de produtos culturais específicos para a rede. Deben crearse produtos que só poidan ser reproducidos na rede, dese modo cobrarán un prestixio e un respecto como obra artística.

3.     O todo de balde xa non vale. Hai que educar aos usuarios para que entendan que hai que pagar por obter contidos culturais para garantir a súa supervivencia, e de que pagar por un produto cultural é un xeito de outorgarlle o valor que merece. Non obstante, non se pode culpabilizar ao público dos fracasos das empresas da industria cultural que non se adaptaron ás novas necesidades e demandas de contidos. Non se pode facer responsables aos consumidores de que pechen os cines porque eles non van. Haberá que adaptar o producto e a súa distribución de xeito que lles resulte atractivo.

4.      A culpa de todo non a ten a piratería. Todos os modelos de negocio danse en torno a un modelo social determinado. No século XX o modelo era o da restrición de copias, pero a aparición de internet fixo imposible exercer este control. Polo tanto, hai que buscar os eixos de monetización da industria cultural noutro modelo que non sexa o control da copia.

  •  CONTIDOS

1.    Pódese aspirar á viralidade, pero non é posible asegurala, a viralidade é a consecuencia dun bo contido ben canalizado e ben posicionado, pero non unha característica previa.

2.    A xestión, canalización e distribución de contidos propios ou persoais e os corporativos ou políticos é totalmente distinta. Nas empresas o social media acabará desaparecendo como un departamento e ese papel será asumido de forma transversal por toda a estrutura empresarial.

3.    A percepción de moitas marcas mudou grazas a unha boa utilización das redes sociais, pero detrás dese posicionamento é importante que exista un bo produto y un bo servizo. Non se pode vivir coa obsesión de captar seguidores. As marcas están fascinadas cos followers e quizais esa non sexa a clave.

4.    Estamos nunha época na que necesitamos mensaxes positivas, aínda existen moitos xeitos de innovar na xeración de contidos, o que fai falla é que as empresas e os medios empurren un pouco para buscar alternativas aos modelos actuais.

  •  A INFORMACIÓN TELEDIRIXIDA

1.    A información teledirixida é como poñerlle portas ao campo. Non serve de nada agochar un debate ou un tema quente porque ao final vaise falar sobre el. Sen embargo, é unha estratexia que as institucións levan utilizando moito tempo. Non é algo actual. O que ocorre é que os vixiantes agora están vixiados, e eso incomoda moitísimo.

2.    Cando se ofrece unha información teledirixida sen dereito a réplica nin a preguntas convértese ao xornalista nun taquígrafo e o que se consegue é que o que transcenda ao final sexan as formas e non o contido.

3.    O poder das redes sociais é enorme, os silencios pesan porque por detrás está o berro dos novos medios, que abren a posibilidade de preguntar incluso cando o emisor non quere que lle pregunten e non ten intención algunha de responder.

4.    As redes sociais teñen un poder enorme para amplificar as protestas ante as actitudes da clase dirixente e transmitir estados de opinión a favor ou en contra. A rede é un grande foro civil, unha revolta civil cun gran poder que en ocasións forzou dimisións e obrigou a rectificar.

5.    Todo o proceso de comunicación institucional e política é mera propaganda, na que hai moi pouca calidade democrática.

#