A avoa crea un grupo de whatsapp para mandar á familia os mellores memes sobre Aninovo. Pero non lle fan caso. O avó trolea á compañía de teléfonos porque volveron subirlle a tarifa de datos, o neto tenta ligarse á súa veciña por snapchat e a súa filla non quere ser a súa amiga en Facebook.

Internet xa non está nas nosas vidas. É a nosa vida. A fenda dixital xa non é unha fenda, é o abismo. A nada máis absoluta. Polo menos entre aqueles privilexiados que teñen as súas necesidades básicas cubertas. Teito, comida, sanidade, educación e unha conexión wifi. Ese é hoxe o estado de benestar.

Isto que agora parece unha obviedade non o era tanto hai seis anos, cando Nethinking daba os seus primeiros pasos. Moitas das preguntas que nos faciamos no afastado 2011 están xa respondidas e asumidas, e mesmo dalgunhas delas despréndese unha candidez que hoxe nos ruborizaría un pouco.

E se xa é un feito tan incontestable que estamos todos unidos por un fío invisible nunha maraña impensable hai un par de décadas, para que seguir falando?

Para que analizar, reflexionar, debater e tratar de adiviñar o futuro nesa gran bola de cristal que é a world wide web?

Porque isto, señores, non fixo máis que empezar. Como sabiamente di o mestre Yoda, “sempre en movemento está o futuro”.

 

PROGRAMA


“Eu non coñezo o futuro. Non veño para dicirvos como acabará todo isto. Ao contrario, veño a dicirvos como vai comezar” Neo (Matrix)

 

VENRES, 27 DE MAIO

 

16.45 h: Inauguración

17.00 h: BIG DATA: a era dos datos masivos

“Nunca vin nada que me impulsara a crer que haxa unha única forza poderosa que o controla todo. Ningún campo de enerxía mística controla o meu destino. Todo iso non son máis que lendas e bobadas.” Han Solo (Star Wars)

Non se enganaría o descreído piloto galáctico? Non será o magma de bytes que nos arrodea esa forza tan potente que fai virar o mundo pero ao mesmo tempo tan sensible que a pouco que nos despistemos pódenos levar á beira escura? Estamos tan vixiados, estudados, investigados e analizados que ata o noso móbil sabe que frase imos escribir antes de rematar a primeira palabra.

 

– Mario Tascón (modera)
– Antonio Delgado
– Joaquín Rodríguez

 

18.30 h: Break

19.00 h: NEGOCIOS: novos medios, mesmos fins

“Mark, a yen, a buck or a pound, That clinking, clanking, clunking sound, Is all that makes the world go 'round, It makes the world go 'round!” Sally e o Mestre de Cerimonias (Cabaret)

Mo-ne- ti-zar. Cantas veces temos pronunciado esas catro sílabas en NeThinking? Do que atope a fórmula máxica será a gloria. Pero polo de agora só podemos contar con moitos mesías a media cocción. A nova relixión: a economía colaborativa. Tan inxenua e mansa como suxire a expresión?

 

– Ismael El-Qudsi (modera)
– Juan C. Fdez Fasero
– Javier Celaya

 

SÁBADO, 28 DE MAIO

 

10.30 h: INTERNET DAS COUSAS: a hora dos prodixios

Kit, necesítoche”. Michal Knight (O Coche Fantástico)

Dicía Julio Verne que chegaría un momento en que as creacións da ciencia superarían ás da imaxinación. Estamos xa nese momento? Desde logo o bo de Kit que tanto tivo que soportar ao hortera do seu dono quedaría alucinado coa competencia que lle saíu. Vestidos con sensores que soltan bolboretas de papel ao detectar movemento, algoritmos que rapean mellor que os humanos, pulseiras que piden amizade en Facebook… Pasen e vexan señores. Alguén da máis?

 

– Pepo Jiménez, Kurioso (modera)
– Eduardo Arcos
– Julián Hernández

 

12.00 h: Break

12.30 h: ATLAS DE ANATOMÍA VIRTUAL: Entrevista

Así, todos estamos conectados no gran ciclo da vida”. Mufasa (O Rei León)

Máis da metade da poboación española ten acceso ás redes sociais e pasa máis de dúas horas ao día navegando entre likes, reuits, fotos e chats. Necesitamos testemuñas das nosas vidas. Sempre foi así. O único que mudou é a forma na que tratamos de que non se borren as nosas pegadas mentres observamos como os demais debuxan as súas. Vese que a necesidade é imperiosa, viñémonos arriba e hoxe xa hai máis redes das que podemos xestionar.

 

– Raquel Martos e Carmela Ríos entrevistan a Marta Fernández

 

17.00 h: CONTIDOS E FORMATOS: O breve e o híbrido

“Asegúrate de perder o teu tiempo, non o noso.” Giuseppe Baldini (O Perfume)

“A las cosas simples las devora el tiempo”, dicía a canción. Vivimos instalados no micro e o efémero. Pero que a ninguén lle engane esta aparente intranscendencia. Os pequenos formatos de rápida dixestión son hoxe un imperio na información, a publicidade ou o entretemento, que xa non se entenden por separado, senón como un universo mestizo habitado por diminutos seres híbridos. Non sempre os mellores contidos veñen en frascos pequenos, como as esencias.

Pero non temos tempo para comprobalo.

 

– Miguel A. López, Hematocrítico (modera)
– Irene G. Punto
– Noel Ceballos
– Xosé Castro

 

 

CLAUSURA

22.00h: Cea