A Illa do Pensamento

 

llla-san-simon

 

A Illa de San Simón, situada en Redondela, localidade da provincia de Pontevedra, e encravada na Ría de Vigo, é en realidade un pequeno arquipélago formado polas illas de San Simón e San Antón, un espazo ideal para a convivencia que permita o intercambio de ideas, a reflexión e as sesións intensivas de traballo nun ambiente acolledor que adoita cautivar a todos os que participan nos eventos celebrados nesta illa. A forza da súa paisaxe, a súa carga simbólica e histórica e o seu illamento, xa que só se pode acceder en barco, fan de San Simón un enclave único para foros destas características. Todo isto unido a uns equipamentos que permiten o aloxamento e a manutención.

Todos os participantes en NEThinking, ao longo das súas tres edicións, destacaron a illa como un escenario fundamental que dotou dun carácter moi especial a estes foros. San Simón, unha illa única nun entorno único.

Máis información en www.illadesansimon.org

#